Tentado sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona o trámite de audiencia relativo ao procedemento de solicitude de suspensión condicional da execución da sanción.
Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no BOE.
Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 61 63).
Nº de expediente: PSC-CO-0380/2014-PPM.
Beneficiario: David Souto Doldán.
NIF: 79317596A.
Enderezo: Campeto, 75, Barizo, 15110 Ponteceso, A Coruña.
Trámite: audiencia.
Prazo para presentar alegacións: quince (15) días.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2015
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar