Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 26 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se lle notifica a Francisco Chao Sandomingo, como interesado, o acordo de incoación de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A), canteira Pena Cafuma número 134, da provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Francisco Chao Sandomingo, con última dirección conocida en avda. Ortigueira, 90, As Pontes de García Rodríguez, o acordo de incoación de expediente de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A), canteira Pena Cafuma, nº 134, desta provincia, xa que intentada a notificación polos medios legalmente establecidos non se puido efectuar.

Ao dito acordo de iniciación poderanse achegar, nun prazo de dez días, cantas alegacións, documentos ou informacións se consideren oportunas, segundo o artigo 78 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 26 de xuño de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo