Expediente: IN407A 2015/159-1.
Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.
Denominación: LMTS 20 kV CT Breogán a CT Calvelo e os CT Curros Enríquez e Labregos.
Concello: Santa Comba.
Características técnicas:
1. Instalación e montaxe do centro de transformación interior Curros Enríquez, en edificio prefabricado de formigón, incluíndo tres celas de media tensión: dúas celas de entrada/saída de liña motorizada e unha cela de protección mediante fusibles combinados para un transformador de 400 kVA.
2. Instalación e montaxe do centro de transformación interior Labregos, en soto de edificio existente, incluíndo tres celas de media tensión: dúas celas de entrada/saída de liña motorizada e unha cela de protección mediante fusibles combinados para un transformador de 400 kVA.
3. Liña subterránea de alta tensión de interconexión entre os CT Labregos e CT Curros Enríquez proxectados, en simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento sector tipo RHZ1 20L 12/20 kV 3×(1×240 Al), de 402 m de lonxitude.
4. Liña subterránea de alta tensión de interconexión entre o CT Calvelo (expte. IN407A 2003/366-1) e o CT Curros Enríquez proxectado, en simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1 12/20 kV 3×(1×150 Al), de 206 m de lonxitude.
5. Liña subterránea de alta tensión de interconexión entre o CT Breogán (expte. 52847) e o CT Labregos proxectado, en simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1 12/20 kV 3×(1×150 Al), de 308 m de lonxitude.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 19 de xuño de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña