Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición dunha plataforma aérea Lidar non tripulada (expediente 21/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratacion.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Fax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es .

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 21/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: plataforma aérea Lidar non tripulada.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: CACTI (Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación). Servizo de Detección Remota no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 3 meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) Codificación CPV: 38300000-8 - CPA: 26.5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Redución no prezo de licitación (criterio automático): 40 puntos.

2º. Calidade técnica plataforma aérea non tripulada + Lidar (xuízo de valor): 40 puntos.

3º. Adestramento no equipamento e no software de control e aplicacións do Sistema UAV LIDAR, dirixido ao persoal do servizo que se fará cargo do equipo, no uso, manexo e mantemento práctico do equipamento. O adestramento realizarase no lugar onde se instale o equipamento: 14 puntos.

4º. Que a cámara fotogramétrica ofertada teña igual ou máis de 40 Mpx.: 5 puntos.

5º. Inclusión dunha emisora RC para pilotaxe manual con características iguais á primeira ofertada, 1 punto, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 119.667 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 119.667 € + 25.130,07 € de IVE que soporta.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva (5 % importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación. o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación. papel 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia. Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo.Edificio de Xerencia Servizos Centrais planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es .

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

11. Outras informacións: financiamento: Fondos Feder. Convocatoria 2013. Ministerio de Economía e Competitividade. Axudas a infraestruturas e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infraestruturas científicas e equipamento. Número de proxecto: UNVI13-1E-2744. Data límite para executar a aplicación dos fondos 31 de decembro de 2015.

Vigo, 1 de xullo de 2015

Por delegación (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo