1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.
a) Organismo: Concello de Oroso.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Obtención de documentación e información:
i) Dependencia: Secretaría.
ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.
iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.
iv) Teléfono: 981 69 14 78.
v) Telefax: 981 69 17 86.
vi) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es
vii) Enderezo da internet do perfil do contratante.www.concellooroso.com
viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 2015/045.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizos de conservación e mantemento das instalacións de alumeado público do Concello de Oroso.
c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.
d) Prazo de execución e prórroga: ver artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.
c) Criterios de adxudicación: ver artigo 12 do prego.
4. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 40.000 euros. IVA (21 %): 8.400 euros. Importe total: 48.400 euros.
5. Garantías exixidas. Definitiva (5 %) do importe de adxudicación.
6. Valor estimado: 98.000 euros.
7. Requisitos específicos do contratista. Véxase cláusula 3 e 4 do prego.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil do contratante ou no DOG.
b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.
c) Lugar de presentación:
i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.
ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.
iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.
9. Apertura de ofertas.
a) Dirección: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.
b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.
10. Gastos de publicidade.
Os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.
Oroso, 1 de xullo de 2015
Manuel Mirás Franqueira
Alcalde