Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28465

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porqueira

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial para a execución de dotacións urbanísticas e protección, rehabilitación e mellora do medio rural de Forxa.

Aprobado inicialmente o Plan especial para a execución de dotacións urbanísticas e protección, rehabilitación e mellora do medio rural que afecta os terreos de Forxa, por acordo do Pleno do 27 de abril de 2015, de confirmidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Porqueira, 5 de xuño de 2015

Susana Vázquez Dorado
Alcaldesa