Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28464

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porqueira

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de delimitación do solo de núcleo rural de San Lourenzo.

Aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno do 27 de abril de 2015, o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de San Lourenzo, de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio neste Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Porqueira, 30 de abril de 2015

Susana Vázquez Dorado
Alcaldesa