Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28364

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1419/2011 MDM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1419/2011

Xulgado de orixe/autos: demanda 201/2010 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Casación en unificación de doutrina: 72/2014

Parte recorrente: Insuíña, S.L.

Recorrente: Manuel Eugenio Díaz Lago

Avogado: José Luis Feijoo Borrego

Procuradora: María Dolores Villar Pispieiro

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Recorrido: Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Recorridos: Insuíña, S.L.

Avogado: Manuel Cisneros Rodríguez

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera

Recorrido: Construcciones Norsema, S.L.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1419/2011 desta sección, seguido por instancia de Manuel Eugenio Díaz Lago e o Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Insuíña, S.L. e Construcciones Norsema, S.L., sobre recarga de accidente, se ditou auto con data do 17 de marzo de 2015 polo Tribunal Supremo, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo procurador Juan Lage Fernández-Cervera baixo a dirección letrada de Beatriz Goicoechea Fábregas, en nome e representación de Insuíña, S.L. contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 13 de febreiro de 2014, no recurso de suplicación número 1419/2011, interposto por Manuel Eugenio Díaz Lago e o Instituto Nacional da Seguridade Social, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo de data 24 de novembro de 2010, no procedemento número 201/2010, seguido por instancia de Insuíña, S.L. contra o Instituto Xeral da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Manuel Eugenio Díaz Lago e a empresa Construcciones Norsema, S.L., sobre recarga por falta de medidas de seguridade. Declárase a firmeza da sentenza contra a cal se recorre, con imposición de custas á parte recorrente perda do depósito constituído para recorrer, e daranse, de ser o caso, ás consignacións e aseguramentos prestados o destino que corresponda. Contra este auto non cabe recurso ningún. Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación. Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Norsema, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xuño de 2015

A secretaria xudicial