Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28377

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1118/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1118/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nerea Rodríguez Chao contra o Ministerio Fiscal, A Esmorga, S.L., David Díaz Padín, Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña

Sentenza: 247/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 1118/2014

Demandante: Nerea Rodríguez Chao

Letrada: Sra. González Álvarez

Demandado:

– A Esmorga, S.L.

Letrado:

– David Díaz Padín

Letrado:

Ministerio fiscal: Sr. Aba Garrote

Sentenza nº 247/2015.

A Coruña, 9 de xuño de 2015

Resolvo:

1º. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Nerea Rodríguez Chao contra a empresa A Esmorga, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a readmitir inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á escolla da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización e se a empresa optar, a cantidade de 113,03 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 41,10 euros/día.

3º. Desestimar a demanda sobre despedimento e reclamación de cantidade formulada por Nerea Rodríguez Chao contra David Díaz Padín e, en consecuencia, absólvoo de todos os pedimentos formulados contra el.

4º. Estimar a acción de reclamación de cantidade formulada por Nerea Rodríguez Chao contra A Esmorga, S.L. a aboar á demandante a suma de 411 euros en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a A Esmorga, S.L., David Díaz Padín, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 9 de xuño de 2015

A secretaria xudicial