Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se inicia o trámite de competencia para o outorgamento da autorización administrativa para a distribución de gas propano canalizado no núcleo de poboación de Maceda (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.

Datos da solicitude

Empresa solicitante

Repsol Butano, S.A.

Contido da solicitude

Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Tipo de instalación

Rede de distribución de GLP.

Denominación do proxecto

Proxecto de autorización administrativa e de execución de obra de estación de almacenamento de GLP e rede de distribución para a subministración de gas propano canalizado no termo municipal de Maceda (Ourense).

Núcleo de poboación da rede

Maceda (Ourense).

Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:

• Outras empresas distribuidoras de GLP poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Repsol Butano, S.A.

• A empresa Repsol Butano, S.A. poida completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.

O trámite de competencia resolverase a favor da empresa cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 9 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas