Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28000

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 26 de xuño de 2015 pola que se convoca un concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

A Constitución española establece que as comunidades autónomas poden asumir competencias no ensino da lingua de cada comunidade (artigo 148.17). A Comunidade Autónoma de Galicia fixo efectiva esta asunción e así, no seu Estatuto de autonomía (artigo 27.20), recoñece como competencia exclusiva a promoción e o ensino da lingua galega, competencia que exerce non só dentro do territorio galego, senón tamén con respecto aos cidadáns de Galicia que viven fóra da comunidade (artigo 21.1 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística).

Para lle dar cumprimento a esta finalidade, o 7 de outubro de 1999 asinouse un convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación e Cultura e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a introdución dos estudos de lingua galega nos centros españois no estranxeiro.

Cómpre, polo tanto, promover o ensino da lingua, da literatura e da cultura galegas nos centros españois que, coma o colexio Vicente Cañada Blanch de Londres, contan entre o seu alumnado con estudantes de orixe galega.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Primeiro. Obxecto

Convocar un concurso público de méritos para cubrir, en comisión de servizos, unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

Segundo. Participantes

Poderán participar neste concurso os funcionarios e funcionarias pertencentes ao corpo de mestres que ademais conten coa licenciatura en Filoloxía Hispánica (Subsección Galego-Portugués), Filoloxía Románica (Subsección Galaico-Portuguesa) ou Filoloxía Galega, e mais os catedráticos, catedráticas, profesores e profesoras de ensino secundario de lingua e literatura galegas con destino nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os requisitos establecidos na presente orde.

Terceiro. Requisitos

3.1. Ter unha antigüidade mínima de dous anos como funcionario ou funcionaria de carreira do corpo de mestres e/ou catedrático/a, profesor/a de ensino secundario de lingua e literatura galegas, e ter impartido durante eses dous anos a materia de lingua e literatura galegas.

3.2. Encontrarse en situación de servizo activo nos corpos de funcionarios docentes referidos.

3.3. O cumprimento dos requisitos refírese á data de publicación desta orde e debe acreditarse segundo se establece no seu anexo II.

Cuarto. Solicitude

Para as solicitudes utilizarase o modelo de formulario que figura no anexo I e presentarase xunto coa documentación exixida no número 6 desta orde.

Quinto. Lugar e prazo de presentación

O prazo de presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse no Rexistro Único (Edificio Administrativo de San Caetano), nas xefaturas territoriais ou ben na forma prevista no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De optar pola presentación da solicitude e demais documentación ante a oficina de Correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa selada e datada polo persoal funcionario antes de ser certificada.

Sexto. Documentación

6.1. Ao formulario de solicitude haberá que xuntar a seguinte documentación:

– Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ao posto que se solicita, para o que se terán en conta as características deste, cunha extensión máxima de 20 folios con interliñado a dobre espazo e estará redactado en galego de acordo coa vixente normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego, fixada pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003, tal e como se establece na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG núm. 84, do 14 de xullo).

– Os documentos que se indican no baremo que aparece no anexo II para a acreditación dos méritos. Non se valorarán os méritos alegados que non se acrediten tal e como se indica no dito baremo.

– Folla de autobaremación segundo o modelo do anexo III.

6.2. Non se terán que presentar aqueles documentos xustificativos de méritos alegados polos/as concursantes que fosen achegados, para completar o seu expediente persoal, na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais .

Sétimo. Comisión de selección

7.1. A selección dos/as aspirantes será realizada por unha comisión integrada polos seguintes membros:

Presidente:

Director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou persoa en que delegue.

Vogais:

Subdirectora xeral de Promoción Exterior Educativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ou persoa en que delegue.

Subdirectora xeral de Política Lingüística, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ou persoa en que delegue.

Subdirector xeral de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou persoa en que delegue.

Secretario/a: unha funcionaria ou funcionario da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que actuará con voz e sen voto.

7.2. A comisión de selección poderá solicitar a incorporación aos seus traballos de persoas expertas, que se limitarán a prestar a súa colaboración.

7.3. A comisión poderá dispoñer a constitución de subcomisións técnicas para colaborar na valoración daqueles méritos que coide pertinentes. Neste sentido, para a valoración dos números 1, 2, 3.1 do baremo establecido no anexo II, a comisión de selección poderá delegar esta función nunha subcomisión formada por persoal funcionario da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

7.4. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente poderá nomear unha persoa representante, con voz e sen voto, para asistir ás sesións da comisión.

7.5. Logo de seren baremadas as solicitudes e a documentación achegada, os resultados provisionais serán publicados nos seguintes enderezos electrónicos http://www.edu.xunta.es e http:// www.xunta.es/linguagalega, e sinalarase a relación de persoal excluído e a causa da súa exclusión provisional. Contra esta resolución provisional poderanse presentar as reclamacións que procedan, no prazo de dez días naturais desde a súa publicación. As reclamacións entenderanse contestadas mediante a publicación da resolución definitiva.

Todo o persoal aspirante que obteña unha puntuación mínima de 3 puntos no proxecto poderá ser convocado pola comisión de selección á realización dunha entrevista para apreciar as circunstancias que concorren nel, entrevista que versará sobre o proxecto.

7.6. Os membros da comisión e, de ser o caso, das subcomisións, estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A comisión non propoñerá o persoal aspirante que non acade unha puntuación mínima de 3 puntos no proxecto e de 2,5 puntos na entrevista, no caso de que teña lugar.

Será seleccionada a persoa aspirante que, ademais de obter as puntuacións mínimas sinaladas, acade a maior puntuación no total dos puntos recollidos no baremo establecido no anexo II.

No caso de se produciren empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo, sucesivamente e por esta orde, á maior puntuación nos puntos 1, 3 e 2.

Unha vez realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección proporá ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación da praza, quen resolverá.

O contido da dita resolución comunicaráselle ao ministerio con competencias en materia de educación.

Oitavo. Resolución da convocatoria

A resolución da convocatoria será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e por ela entenderanse notificadas, para todos os efectos, as persoas concursantes afectadas.

O prazo máximo para notificar a resolución deste procedemento será de 4 meses, contados desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes entenderanse desestimadas de non resolverse a convocatoria no prazo anteriormente sinalado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, diante do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Noveno. Desenvolvemento do posto

9.1. O profesor ou profesora seleccionado/a deberá ensinar a materia de lingua e literatura galegas en todos os niveis educativos que se impartan no colexio Vicente Cañada Blanch, contidos que ha de interrelacionar coa realidade sociocultural de Galicia e da comunidade galega en Londres. No caso de que non se poida cubrir totalmente o seu horario lectivo coa dita materia, deberá completalo con outras afíns. Ademais, seranlle aplicables as normas xerais para profesores españois no estranxeiro, así como as específicas de funcionamento do claustro do centro (base 5ª do convenio).

9.2. A persoa seleccionada será nomeada en comisión de servizos para o curso académico 2015/16. O nomeamento poderá ser renovado, ano por ano académico e ata un máximo de cinco, sempre que conte cos informes favorables da consellería competente en materia de Educación da Xunta de Galicia e do ministerio con competencias en materia de Educación por parte da Administración central.

Décimo. Retribucións

O profesor ou profesora seleccionado/a recibirá as súas retribucións como funcionario/a da consellería con competencias en materia de educación da Xunta de Galicia, e percibirá tamén do ministerio con competencias en materia de educación o complemento de estranxeiría establecido na base 4ª do convenio subscrito entre a Xunta de Galicia e a Administración estatal. Calquera outro concepto (viaxes, desprazamentos, residencia, etc.) será pola súa conta.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltase a comisión constituída ao abeiro da base 8ª do antedito convenio para ditar as resolucións necesarias e tomar as medidas necesarias para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO II

Conceptos

Puntuación

Total puntos máximo

Documentos xustificativos

Título administrativo de funcionario/a

Fotocopia compulsada

1.1. Antigüidade:

Por cada ano de servizo como funcionario/a de carreira. Para estes efectos, computaranse os servizos docentes recoñecidos conforme a Lei 70/1978, e non se computarán os exixidos como requisito.

Para estes efectos, serán computados os servizos que se prestasen na situación de servizos especiais, expresamente declarados como tales nos puntos previstos no artigo 87 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, así como as situacións de idéntica natureza establecidas por disposicións anteriores á citada lei. Tamén se computará, para estes efectos, o tempo de excedencia por coidado de familiares declarada de acordo co artigo 89.4 da citada Lei 7/2007.

1.2. Ter impartida durante dous anos, como mínimo, a materia de lingua galega.

0,50 puntos

5 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario/a de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

Nomeamento e certificación do director ou directora do centro docente.

2. Méritos académicos:

Valoraranse as titulacións distintas ás exixidas para poder participar na presente convocatoria.

Para os efectos da súa valoración por esta epígrafe, unicamente se terán en conta os títulos con validez oficial no Estado español.

2 puntos

2.1. Polo título de doutor:

2.2.Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes:

2.3. Certificado de suficiencia investigadora ou diploma de estudos avanzados:

2.4. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura:

2.5. Título de grao:

1 punto

0,50 puntos

0,50 puntos

0,25 puntos

0,50 puntos

Fotocopia compulsada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición do título ou certificado supletorio da titulación expedidos de acordo co previsto, se é o caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo) ou na Orde do 13 de agosto de 2007 (BOE do 21 de agosto) ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto).

3. Formación e perfeccionamento:

Puntuaranse con 0,10 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto de número de horas inferiores a 10. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

6 puntos

3.1. Por cursos superados ou impartidos en materia educativa, relacionados tanto con aspectos científicos coma didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións citadas, así como os organizados polas universidades.

3.2. Por actividades de formación específica superadas, directamente relacionadas coas especialidades de lingua galega e inglesa.

Ata 2 puntos

Ata 3 puntos

Fotocopia compulsada do certificado expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade.

No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar fidedignamente o recoñecemento ou a homologación das devanditas actividades pola Administración.

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas:

4.1. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, de carácter xeral.

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

a) Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autor----------------------------------ata 0,30 puntos

– Coautor------------------------------ata 0,20 puntos

– 3 ou máis autores-----------------ata 0,10 puntos

Ata 1 punto

3 puntos

– No caso de libros, a seguinte documentación:

* Os exemplares correspondentes ou fotocopias compulsadas.

* Certificado da editorial onde conste o título do libro, o/a autor/a, o ISBN, o depósito legal e a data da primeira edición, o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.

b) Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autor---------------------------------ata 0,20 puntos

– Coautor-----------------------------ata 0,10 puntos

– 3 ou máis autores----------------ata 0,05 puntos

4.2. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, relacionadas coa praza que se solicita.

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

a) Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autor---------------------------------ata 0,50 puntos

– Coautor-----------------------------ata 0,30 puntos

– 3 ou máis autores----------------ata 0,20 puntos

b) Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autor---------------------------------ata 0,40 puntos

– Coautor-----------------------------ata 0,20 puntos

– 3 ou máis autores----------------ata 0,10 puntos

Aquelas publicacións que, obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor ou autora sexa quen o edite.

Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos indicados nestas subepígrafes, coas exixencias que así se indican.

Ata 2 puntos

En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en librarías comerciais, ademais dos datos anteriores, no certificado deben constar o título do libro, o/a autor/a, o número de exemplares, a data da primeira edición e os centros de difusión (centros educativos, centros de profesores, institucións culturais, etc.).

Nos supostos en que a editorial ou asociación desaparecesen, os datos requiridos neste certificado deberán xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

– No caso de revistas, a seguinte documentación:

* Os exemplares correspondentes ou fotocopias compulsadas.

* Certificación en que conste o número de exemplares, os lugares de distribución e venda, ou a asociación científica ou didáctica legalmente constituída a que pertence a revista, o título da publicación, o/a autor/a, o ISSN ou ISMN, o depósito legal e a data de edición.

En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundiron en establecementos comerciais, ademais dos datos anteriores, no certificado deben constar o título da revista, o/a autor/a, o número de exemplares, a data da primeira edición e os centros de difusión (centros educativos, centros de profesores, institucións culturais, etc.).

No caso de publicacións que soamente se dan en formato electrónico, presentarase un informe no cal o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, o/a autor/a, o ano e a URL. Ademais, presentarase un exemplar impreso.

5. Proxecto de traballo:

O proxecto de traballo deberá conter os obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición a que corresponde a praza que se solicita.

(Puntuación mínima exixida por esta epígrafe: 3 puntos).

Ata 6 puntos polo proxecto

Ata 6 puntos

Orixinal, cunha extensión máxima de 20 folios a un interliñado de dobre espazo.

6. Entrevista sobre o proxecto presentado (puntuación mínima exixida por esta epígrafe: 2,5 puntos).

Ata 5 puntos pola entrevista

Ata 5 puntos

7. Pola acreditación do coñecemento da lingua inglesa, consonte a acreditación oficial do nivel de competencia segundo o MECRL (Marco Común Europeo de referencia para as linguas).

Para a acreditación desta competencia lingüística terase en conta o anexo á Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 80, do 26 de abril de 2011). Só se valorará o título de maior puntuación.

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

A2: 0,50 puntos

B1: 1 puntos

B2: 2 puntos

C1: 3 puntos

C2: 4 puntos

Ata 4 puntos

Ata 4 puntos

Fotocopia compulsada do certificado/título que se posúa.

missing image file
missing image file