Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28021

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (495/2013).

María Patiño Junquera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, por medio deste edicto,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Avelina Carreira Pérez, Juan Couto Pena e Manuel Freire Carracedo fronte a Proxectos Asistenciais de Galicia, S.L. ditouse a sentenza e o auto aclaratorio cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Betanzos, 12 de novembro de 2013.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, os presentes autos de xuízo ordinario, con número 495/2013 seguidos por instancia de Avelina Carreira Pérez, Juan Couto Pena e Manuel Freire Carracedo, representados pola procuradora Sra. Amor Vilariño e baixo a dirección letrada da Sra. Belloch Fernández en substitución da Sra. Freire Díaz contra Proxectos Asistenciais de Galicia, S.L. en situación procesual de rebeldía.

Decido.

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual de Avelina Carreira Pérez, Juan Couto Pena e Manuel Freire Carracedo contra Proxectos Asistenciais de Galicia, S.L. e, en consecuencia, declaro resolto o contrato de compravenda sobre os inmobles descritos no fundamento de dereito primeiro da presente resolución celebrado entre ambas as partes o 10 de outubro de 2008, condenando a Proxectos Asistenciais de Galicia, S.L. a poñer en poder e posesión dos demandantes os anteditos inmobles, mediante a correspondente entrega de chaves, co apercibimento de que, de non verificalo voluntariamente e de forma inmediata á notificación da presente resolución, esta entrega poderá acordala forzosamente este xulgado en sede de execución de sentenza.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá perante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña, para o cal será necesario que se ingrese na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino.

Xuíza: Emma Mourenza Couto.

Betanzos, 21 de novembro de 2013.

Parte dispositiva

Acordo:

Estimar a petición formulada pola procuradora Sra. Amor Vilariño de aclarar a sentenza, ditada no presente procedemento o 12 de novembro de 2013, no sentido que se indica, na parte dispositiva engádese o seguinte parágrafo:

«Impónselle ao demandado, Proxectos Asistenciais de Galicia, S.L., o pagamento das cotas derivadas do presente proceso».

Líbrese certificación desta resolución, que quedará unida a estas actuacións, e lévese o seu orixinal ao libro de resolucións definitivas.

Modo de impugnación: contra esta resolución non caberá ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución a que se refire a solicitude de aclaración.

Así o manda e acorda S.Sª, dou fe.

Ao se atopar o demandado, Proxectos Asistenciais de Galicia, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 22 de maio de 2015

A secretaria xudicial