Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27830

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1077/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de seguridade social 1077/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael José García Regueiro, C.T.M. Montajes, S.L. e outros sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Rafael José García Regueiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, as mutuas de accidentes de traballo, Mutua Gallega, Mutua Fremap, Mutua Intercomarcal, Mutua Ibermutuamur e Mutua Universal Mugenat, Mutua Asepeyo, e fronte ás entidades U.T.E. P.R.T.E. Cerceda, Operación y Mantenimiento Energy, S.A., Urbaser, S.A., C.T.M. Montajes, S.L., e Daorje Medioambiente, S.A.U. (Danigal) e, en consecuencia, debo absolver e absolvo los demandados das pretensións contra elas articuladas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, e deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivamento. Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado Pilar Carreira Vidal.

E, para que sirva de notificación en legal forma á empresa C.T.M. Montajes, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2015

A secretaria xudicial