Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de xuño de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dun expediente de clasificación de montes desta provincia (expediente 1/2015).

Perante este xurado provincial de montes veciñais en man común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

Expediente: 1/2015.

Denominación: da Somoza (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños/as do lugar da Somoza.

Parroquia: Santa Cristina de Areas.

Concello: Antas de Ulla.

Superficie: 11,05 hectáreas.

Estremas:

Norte: polígono 8, parcelas 9001, 404, 403 e 402.

Leste: polígono 8, parcelas 361 e 518.

Sur: provincia de Pontevedra.

Oeste: provincia de Pontevedra.

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 26 de febreiro de 2015 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (MVMC), por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a aquelas persoas, organismos ou corporacións que resulten interesadas a posibilidade de compareceren e interviren no expediente iniciado e formularen, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), cantas alegacións coiden oportunas en defensa dos dereitos que crean que os asisten e de achegaren, de ser o caso, a documentación que coiden conveniente ao respecto.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 15 de xuño de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo