Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27663

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de notificación de sentenza (PO 272/2014).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 272/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ninoska Iglesias Ferradás contra Azart Arquitectura, S.L.P., Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, foi ditada a sentenza nº 209, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos nº 272/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Ninoska Iglesias Ferradás, que comparece asistida pola letrada Mónica Souto Rodríguez contra Azart Arquitectura, S.L.P., que non comparece, Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza:

Resolvo que debo admitir e admito a demanda presentada por Ninoska Iglesias Ferradás contra Azart Arquitectura, S.L.P. e condeno esta última a aboar á demandante 1.440 euros, importe que se incrementará cos xuros do artigo 1100 e seguintes do Código civil. Condeno a parte demandada ao aboamento das custas procesuais con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante polo importe de 200 euros. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non poden interpor recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Azart Arquitectura, S.L.P., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2015

A secretaria xudicial