Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 9 de xuño de 2015 pola que se notifica o Acordo do 26 de marzo de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 1, sito en Gondomar, relativo ao proxecto 01405 (expediente 2014/000356).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Mercedes Rodríguez Quintas o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 26 de marzo de 2015, que fixa o prezo xusto do predio número 1 sito en Gondomar relativo ao proxecto 01405, expediente 2014/000356, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01405 LMTS derivación Areíña. Expediente IN407A 2008/43-4. Tm Gondomar.

Número de expediente: 2014/000356.

Persoa que se notifica: Mercedes Rodríguez Quintas.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Pontevedra. Oficina de Vigo.

Expropiados: Hdros. Rosa Pérez Iglesias.

Beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio nº: 1.

Concello: Gondomar.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do xurado: 57,95 €.