De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto: 01389, refundido da LAT 132 kV E/s a subestación Folgosa en Ribadeo e a súa modificación entre os apoios 29 e 31. Exp. IN407A 005/2009 AT. Tm Trabada e Ribadeo.
Concello: Ribadeo.
Provincia: Lugo.
Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. Lugo.
Beneficiaria: E-On España.
Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.
Persoa que se notifica |
Data acto |
Nº expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
Ramona Juliana López Vega Concepción Rodríguez Crespo Concepción Rodríguez Crespo Concepción Rodríguez Crespo Concepción Rodríguez Crespo Concepción Rodríguez Crespo Concepción Rodríguez Crespo |
23.4.2015 23.4.2015 23.4.2015 23.4.2015 23.4.2015 23.4.2015 23.4.2015 |
2013001588 2013001649 2013001650 2013001651 2013001652 2013001653 2013001654 |
7 299 302 319 322 327 331 |
15,55 405,48 386,71 1.950,03 1.398,87 1.083,46 2.083,91 |