Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27527

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2496/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2496/2013-N, seguido por instancia de Mutua Intercomarcal, Matepss, número 39, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Pérez González, Santiago Roberto Sánchez Marín, Alicia Beatriz Rodríguez Vázquez, Explotación Agrícola Pena Loureira, S.L., sobre outros dereitos, Seguridade Social, se ditou, con data do 29 de maio de 2015, a seguinte resolución que copiada nos particulares necesarios di así:

Decidimos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola graduada social Mar Torres Guzmán, na representación que ten acreditada da Mutua Intercomarcal, contra a sentenza con data do 20 de marzo de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 dos da Coruña, en autos seguidos por instancia da recorrente, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Pérez González, Santiago Roberto Sánchez Marín, Alicia Beatriz Rodríguez Vázquez e a empresa Explotación Agrícola Pena Loureira, S.L., sobre outros dereitos de Seguridade Social, debemos de confirmar e confirmamos a resolución recorrida, impoñendo á mutua recorrente as custas do recurso interposto.

Acórdase a perda do depósito necesario para recorrer, unha vez sexa firme esta sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Alicia Beatriz Rodríguez Vázquez e Explotación Agrícola Pena Loureira, S.L., en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en lugar de Pena Loureira, s/n, Culleredo, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de maio de 2015

A secretaria xudicial