Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27606

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de licitación pública da contratación da subministración de gasóleos B e C.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: subministración de gasóleos B e C para o funcionamento da maquinaria e os sistemas de climatización do Coliseum para o IMCE.

3. Prezo do contrato: contía máxima anual 10.500 €, impostos incluídos. Valor estimado do contrato: 63.000 €, impostos incluídos, tendo en conta a súa duración e posibles prórrogas.

4. Duración do contrato: catro anos desde a data da súa formalización, prorrogables antes da súa finalización por anos ata un máximo de seis, por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista, incluído o período inicial e a prórroga.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 2.603,31 €.

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil do contratante www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es

10. Solvencia: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios de adxudicación: oferta económica.

12. Presentación de proposicións: prazo de quince días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, e finalizará ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que deben presentar: declaración responsable (véxase prego de cláusulas administrativas particulares).

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil do contratante www.coruna.es

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 22 de maio de 2015

P.D. (Decreto 20.6.2011)
Ana María Fernández Gómez
Vicepresidenta do Instituto Municipal Coruña Espectáculos