Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27608

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas II para a selección de persoal temporal nas categorías profesionais de arquitecto técnico, enxeñeiro técnico de obras públicas, enxeñeiro técnico agrícola, enxeñeiro técnico forestal e capataz.

O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a aprobación da convocatoria e as bases específicas II para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) nas categorías profesionais de arquitecto técnico, enxeñeiro técnico de obras públicas, enxeñeiro técnico agrícola, enxeñeiro técnico forestal e capataz.

As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2015

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente da Empresa Pública
de Servizos Agrarios Galegos, S.A.