Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 12 de xuño de 2015 polo que se notifica a resolución pola que se incauta parcialmente a garantía do expediente de construción PO-2006/030.

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, o 29 de abril de 2015, ditou resolución pola que se incauta parcialmente a garantía constituída para responder das obrigas derivadas da obra de construción de 12 VPP na Choupana en Cangas, Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a PGP International Inc. Corporación Financiera, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, redactado polo número un do artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, notifícaselle á entidade interesada a devandita resolución. A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, a entidade interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, de acordo co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O expediente está, en todo caso, á disposición da interesada na Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Área Central, s/n, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo