Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de xuño de 2015 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Antonio Vázquez Friol (concello de Dozón) (clave DH.D36.46119).

O 24 de abril de 2015 foi ditada resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Antonio Vázquez Friol pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado, e fáiselle saber que unha copia dela está ao seu dispor nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia