Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2015/45-2-8239-AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sofiespa, S.L.

Domicilio social: avenida San Pablo, 26, 3ª planta, 28820 Coslada, Madrid.

Denominación: novo centro de transformación e liña de media tensión abonado E. Leclerc Lugo. (C.C. Abella).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión en bandexa metálica con orixe no centro de transformación e seccionamento nº 1 propiedade de Begasa e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 34,4 metros en condutor tipo HEPRZ1 3×150+H16.

2. Centro de transformación en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida cunha potencia instalada de 800 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 19 de xuño de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo