Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de aproveitamento e o plan de restauración da canteira La Ilusión fracción primeira, número 5356.1 de Lugo, no concello de Quiroga, promovido pola entidade Porredo, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e en cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese a información pública a solicitude para o aproveitamento de recursos da sección C) e o plan de restauración do proxecto La Ilusión fracción primeira número 5356.1, situada no termo municipal de Quiroga (Lugo) e promovido pola entidade Porredo, S.L.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de aproveitamento e o plan de restauración atópase dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo e no portal da dita consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe/a territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 18 de xuño de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo