Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27144

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2015 pola que se resolve a convocatoria de provisión mediante libre designación de postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Convocada mediante Resolución do 23 de abril de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 5 de maio) a provisión, polo sistema de libre designación, de postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade,

En uso das competencias que me recoñece o artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, os estatutos da Universidade de Vigo e consonte o establecido no capítulo IV do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aprobou o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Adxudicar á funcionaria Carmen Luisa Pereira Castro, o posto de Secretaría da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais e á funcionaria Paula María González Pérez, o posto de Secretaría da Vicerreitoría de Investigación e Transferencia.

Segundo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia, e comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse no día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Terceiro. As funcionarias nomeadas para ocupar estes postos de libre designación poderán ser cesadas discrecionalmente nas condicións previstas nas normas legais e regulamentarias que resultan de aplicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición perante o reitor no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou impugnala directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Este recurso non poderá interporse mentres que non recaia resolución expresa ou presunta daquel, ao abeiro do disposto no artigo 116.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 18 de xuño de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo