Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27137

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de maio de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

Conforme o establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), o 9 de xuño de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a relación de convenios de colaboración asinados por Augas de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

Logo de revisar a relación de convenios publicada, compróbase que se omitiu na listaxe o seguinte convenio:

Convenio

Importe total
do convenio

Data
da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o ente público Portos de Galicia e o Concello de Boiro en relación coas actuacións no dominio público portuario para a execución e mantemento da obra «Mellora dos bombeos de Esteiro e Sabuqueiro e telexestión. Concello de Boiro (A Coruña)»

Sen custo económico

24.4.2015