Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27148

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui

EDICTO (376/2012).

Divorcio contencioso 376/2012

Sobre: divorcio contencioso

Demandante: Leticia Martínez Pérez

Procurador: Juan Manuel Señoráns Arca

Avogado: Ibán Abalde Sestelo

Demandado: Raúl Rivero Fernández

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Leticia Martínez Pérez fronte a Raúl Rivero Fernández ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza:

Xuíza: Estefanía Elena Peña Quintas.

Lugar: Tui.

Data: 3 de xuño de 2015.

Parte demandante: Leticia Martínez Pérez.

Procurador: Juan Manuel Señoráns Arca.

Letrado: Ibán Abalde Sestelo.

Parte demandada: Raúl Rivero Fernández (en rebeldía procesual).

Obxecto: divorcio contencioso.

Decisión:

Que admitindo integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Juan Manuel Señoráns Arca, actuando en nome e representación de Leticia Martínez Pérez, contra Raúl Rivero Fernández, en situación de rebeldía procesual, fago os seguintes pronunciamentos:

1º. Declárase disolto por divorcio o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración, incluída a revogación dos poderes que se puideron outorgar.

2º. Sen imposición de custas.

Unha vez que sexa firme o pronunciamento de divorcio comuníquese de oficio ao Rexistro Civil de OIA, onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Modo de impugnación: recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial. Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade en Banesto, na conta deste expediente, con indicación no campo “concepto” da indicación “recurso”, seguida do código “02 Civil-apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-apelación“.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución contra a que se recorre co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos levando o orixinal ao libro de sentenzas do xulgado, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o dito demandado, Raúl Rivero Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Tui, 5 de xuño de 2015

O secretario xudicial