De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
Primeiro. Notificarlle mediante a presente cédula a José Pontes Castro o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 26 de febreiro de 2015, que fixa o prezo xusto do predio número 2577, sito en Meaño, relativo ao proxecto 00592, expediente 2014/001177, cuxos datos se relacionan no anexo.
Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1 i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente rexeitado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
Terceiro. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Cuarto. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 00592 desdobramento (conversión en autovía) da vía rápida VRG-4.1. Treito: PO-531-Sanxenxo. Clave: PO/02/089.01.75.
Nº de expediente: 2014/001177.
Persoa que se notifica: José Pontes Castro.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.
Expropiado: José Pontes Castro.
Beneficiaria: Autoestrada do Salnés, S.A.
Predio nº: 2577.
Concello: Meaño.
Provincia: Pontevedra.
Valoración da resolución do Xurado: 2.600,14 €.