Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 26 de xuño de 2015 Páx. 25424

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial e de exposición pública de convenio urbanístico (acordo 4103).

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión realizada o día 28 de abril de 2015, adoptou o acordo número 4103 polo que se aproba inicialmente o convenio urbanístico de xestión e planeamento entre o Concello de Poio e Carlos, María Ángeles, Mary Luz, Isabel e Leonardo Martínez Villanueva para a execución da obra de humanización da rúa Gonzalo Fernández de la Mora y Mon. De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente do dito convenio ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo pódese examinar o expediente na casa do concello-oficina de Urbanismo, das 8.00 ás 14.30 horas, e presentar as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

Poio, 22 de maio de 2015

Luciano Sobral Fernández
Alcalde