O Pleno da Corporación Municipal, na sesión realizada o día 28 de maio de 2015, adoptou o acordo número 4108 polo que se aproba inicialmente o convenio urbanístico de xestión e planeamento entre o Concello de Poio e Francisco Franco Solla para a execución da obra de humanización da rúa Gonzalo Fernández de la Mora y Mon. De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente do dito convenio ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito prazo pódese examinar o expediente na casa do concello-oficina de Urbanismo, das 8.00 ás 14.30 horas, e presentar as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.
Poio, 27 de maio de 2015
Luciano Sobral Fernández
Alcalde