Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25165

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 12 de xuño de 2015 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Mediante a Orde do 19 de febreiro de 2015 convocouse concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

En aplicación do disposto no artigo 7 da citada convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos postos obtidos no concurso público convocado pola referida orde.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 8 da citada orde, os seleccionados quedarán adscritos aos postos obtidos con data do 1 de setembro de 2015 por un período dun ano e un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interponer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Denominación da praza

Lamelo González, Paula

44479496A

Centro de atención específica Montefiz

Peleteiro Prieto, Ana Belén

44456047Z

Centro educativo Monteledo

Saavedra Pose, Mª Isabel

33318787K

ONCE-Vigo