Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25163

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 96, do 21 de maio), pola que se fai pública a relación de aspirantes exentos da realización do terceiro exercicio e a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

O tribunal nomeado pola Orde do 9 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Declarar todos/as os/as aspirantes que superaron o primeiro exercicio exentos da realización do terceiro exercicio por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II da convocatoria.

Segundo. Consonte o previsto na base II.1.4 da orde de convocatoria, o cuarto exercicio do proceso selectivo realizarase os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo de 2015, ás 16.00 horas e 30 minutos, na sala E do Edificio Administrativo San Caetano.

Terceiro. Convócanse as seguintes aspirantes para a realización do cuarto exercicio o 30 de xuño de 2015:

DNI

Apelidos e nome

44841323V

Álvarez Caramés, Isabel

44847253J

Casado Núñez, Gracia Laura

Cuarto. Convócanse os seguintes aspirantes para a realización do cuarto exercicio o 1 de xullo de 2015:

DNI

Apelidos e nome

77409938B

Cortizo Míguez, Carlos

47381068X

Gándara Solorzano, Paloma

Quinto. Convócanse as seguintes aspirantes para a realización do cuarto exercicio o 2 de xullo de 2015:

DNI

Apelidos e nome

77406306J

Nieto Grande, Paula

32701198M

Pereira de la Riera, Josefina

Sexto. Os/as aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que os/as aspirantes que non comparezan serán excluídos/as.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2015

Mª Isabel Novo Castro
Presidenta do tribunal