Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a unha instalación eléctrica no concello de Verín (expediente IN407A 2014/31-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, e de acordo co anexo ao proxecto do 24 de marzo de 2015, presentado o 28 de maio de 2015:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: modificado LMT, CT e RBT Vilela.

Situación: Verín.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 483 m, con condutor RHZ1-12/20 kV-3×95 Al e con orixe no CT urbanización Vilela (32CLY17) e remate no CT proxectado Vilela de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT subterránea de 787 m con condutor XZ1 derivada do CT urbanización Vilela (32CLY17).

RBT aerosubterránea de 130 m en aéreo con condutor XZ1 e 1.580 m en subterráneo con condutor RZ derivada do CT proxectado Vilela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 29 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense