Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 22 de xuño de 2015 Páx. 24939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 14 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica centro de distribución Castrelo, no concello de Laxe (expediente 2014/049-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada centro de distribución Castrelo, no termo municipal de Laxe (expediente 2014/049-1), por Resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña do 3 de decembro de 2014, a favor da entidade beneficiaria Electra do Foxo, S.L., con domicilio en Torelo, 15, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 9 de xullo de 2015 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Laxe, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia os días 16, 10 e 19 de xuño de 2014, respectivamente, acto ao que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual, sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa do Concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 14 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña