Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 22 de xuño de 2015 Páx. 24940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Guitiriz (expediente IN407A 2015/26-2, 8220 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: fábrica de fariñas A Callobresa, S.L.

Domicilio social: avenida de Madrid 19-21, entresollado B, Lugo.

Denominación: liña de media tensión subterránea para alimentación a un centro de transformación de 250 kVA, en caseta prefabricada para fábrica de fariñas e o seu anexo.

Situación: polígono industrial de Guitiriz.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 15 kV en canalización existente e proxectada, con orixe nunha cela de liña existente do centro de transformación existente Frioriz (27CR07) e final no CS proxectado, cunha lonxitude de 100 metros en condutor RHZ1-240 mm.

2. Centro de seccionamento proxectado nun edificio prefabricado tipo PFU 5, no cal se instalan tres celas de liña.

3. Centro de transformación nun edificio prefabricado tipo PFU 5, no cal se instalan unha cela de liña, unha de protección e unha de medida cunha potencia inicial de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 26 de maio de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo