Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de decreto de conciliación (PO 938/2014).

Procedemento ordinario 938/2014

Procedemento orixe: /

Sobre: ordinario

Demandante: Alba de Castro Camara

Avogada: Alba Campos Vázquez

Demandados: Solventea Innovación, S.L., Conservas Maratlantis, S.L., Construcciones y Contratas San Cristóbal, S.A.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 938/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba de Castro Camara contra Solventea Innovación, S.L., Conservas Maratlantis, S.L., Construcciones y Contratas San Cristóbal, S.A. sobre reclamación de cantidade –P. ordinario, foi ditado decreto de conciliación cuxo contido é o seguinte:

«A parte demandada comparecente Construcciones y Contratas San Cristóbal, recoñece deber á demandante 1.400 euros en concepto de gastos de viaxe e de obra, que serán aboados no prazo de 7 días na conta onde a demandante viña percibindo os seus salarios, e tamén recoñece deber a cantidade de 3.738,84 euros en concepto de indemnización por despedimento e a suma de 3.543,85 euros en concepto de salarios e parte proporcional de pagas extras pendentes de pagamento. Estas dúas últimas cantidades serán aboadas a razón de 1.000 euros ao mes comezando o primeiro pagamento o 1.7.2015 e o último pagamento por importe de 1.382,69 euros, en xaneiro de 2016.

A demandante desiste da demanda contra Solventea Innovación, S.L. e Conservas Maratlantis, S.L. e acepta o ofrecemento empresarial e forma de pagamento, e ao percibo da totalidade das cantidades indicadas darase por saldada e liquidada por todos os conceptos da súa relación laboral».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Solventea Innovación, S.L. e Conservas Maratlantis, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de maio de 2015

A secretaria xudicial