Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 17 de outubro de 2014 para publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de outubro de 2014 polo que se aproba o expediente de información pública e, definitivamente, o Plan sectorial da rede viaria de Ourense e a súa área de influencia, declarado como de incidencia supramunicipal polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2013 (clave OU/09/283.00).

Advertido erro no citado anuncio, soamente na súa versión en galego, publicado no Diario Oficial de Galicia número 223, do xoves 20 de novembro de 2014, cómpre realizar as oportunas correccións:

Na páxina 48107, no artigo 7.2 a), onde di: «...totalmente, fóra da zona de non edificación», debe dicir: «total ou parcialmente, na zona de non edificación».

Na páxina 48108, no artigo 9, onde di: «no prazo dun ano», debe dicir: «no prazo de tres anos».