Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de mantemento dos sistemas de información do ámbito das políticas activas de emprego (sobre plataforma SXPA) (expediente 87/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 87/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de mantemento dos sistemas de información no eido das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 148.758,00 €, máis 31.239,18 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 179.997,18 € (cento setenta e nove mil novecentos noventa e sete euros con dezaoito céntimos), que se distribúe nas seguintes anualidades:

▪ 2015: 24.793,00 € + IVE (5.206,53 €) = 29.999,53 €.

▪ 2016: 123.965,00 € + IVE (26.032.65 €) = 149.997,65 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22852

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o apartado N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 8.7.2015, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: correrán a cargo do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 20.2.2015.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 9.6.2015.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia