Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23513

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se publican diversos acordos do tribunal.

Nas sesións que tiveron lugar o 8 e 9 de xuño de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 23 de marzo de 2015 (DOG núm. 62, do 1 de abril) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio), de conformidade co disposto na base II.2.1.:

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións e alegacións presentadas:

En canto á quenda de promoción interna: anular as preguntas 12 e 43, pasando a ocupar os seus postos as preguntas de reserva 121 e 122.

En canto á quenda de acceso libre: anular as preguntas 4, 6, 8, 31 e 62, pasando a ocupar os seus postos as preguntas de reserva 121, 122 e 123.

O resto das alegacións foi desestimada.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.1. da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos). Fixouse en corenta e sete (47) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.3.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que coiden oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base II.3.6 da convocatoria, o segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 6 de xullo de 2015, nas aulas 2 e 11 da Escola galega de administración pública en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Marisol González Regal
Presidenta do tribunal