Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23235

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante a Orde do 12 de marzo de 2015 (DOG núm. 65, do 8 de abril), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar deserto o posto de director/a do Centro de Formación e Experimentación, con código MR.301.00.304.27300.001.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar