Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23251

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (540/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber:

Que no procedemento ordinario 540/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Carmelo Señoráns Padín contra a empresa Gaesco, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega: decido que admito a demanda interposta por Carmelo Señoráns Padín fronte á empresa Gaesco, S.L e condeno a demandada a que aboe o demandante a cantidade de 8.409,27 euros.

Con intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establece os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo de consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5.081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gaesco, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 21 de maio de 2015

A secretaria xudicial