Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015 pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 7165/2015 interposto polo Concello de Boimorto.

O Instituto Enerxético de Galicia recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 7165/2015, interposto polo Concello de Boimorto, contra a desestimación do recurso de reposición contra a Resolución do 23 de decembro de 2014 pola que se minora a axuda concedida a esa entidade local mediante Resolución desta dirección do 18 de xuño de 2014 (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia