Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 22745

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 1 de xuño de 2015 pola que se substitúen varios membros do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

A Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, dedica o seu capítulo II ao Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, e dispón nos seus artigos 14, 15, 16 e 17 a natureza e os fins, as funcións, a composición e a creación dos grupos de traballo do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Concretamente, no artigo 16 establécense a composición e o procedemento de nomeamento dos vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Ao abeiro do previsto na dita lei, realizáronse as propostas de designación por parte das consellerías con competencia en sanidade, industria e presidencia, polas organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia e pola organización empresarial máis representativa de carácter intersectorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

No artigo 16 B da dita Lei 14/2007, do 30 de outubro, actuará como secretario/a do Consello, con voz e sen voto, unha persoa funcionaria dos grupos A ou B con destino na dirección xeral competente en materia de relacións laborais, nomeada para o efecto pola presidencia.

O nomeamento dos vogais foi publicado mediante a Orde do 9 de novembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia núm. 227, do 19 de novembro) e a Orde de 7 de xullo de 2011 publicada no Diario Oficial de Galicia número 138, do 19 de xullo).

En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 16 da Lei 14/2007, do 30 de outubro,

RESOLVO:

Artigo 1. Substitución de vogais

1. En representación das organizacións sindicais, por proposta da Unión Xeral de Traballadores de Galicia, en calidade de titulares:

a) Disponse o cesamento de Jesús María Calvo Romero.

b) Procédese ao nomeamento de Felipe López Calvo.

2. En representación da organización empresarial.

a) Por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia, en calidade de titulares, disponse o cesamento de:

1º. Jorge M. Paz Suárez

2º. Juan José Molinos Casal

3º. Fausto Santamarina Fernández

b) Por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia, en calidade de titulares, procédese o nomeamento de:

1º. Sonia López Rubinos.

2º. Inma del Brío González.

3º. José Antonio Neira Cortés.

c) Por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia, en calidade de suplente:

a) Disponse o cesamento de:

1º. Ana García Caeiro.

2º. José Antonio Neira Cortés.

b) Procédese ao nomeamento de:

1º. Jorge Somoza Lázare.

2º. Verónica Val Vázquez.

Artigo 2. Secretaría do Consello

Realizará as funcións da Secretaría do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, con voz e sen voto, a persoa funcionaria dos grupos A ou B con destino na dirección xeral competente en materia de relacións laborais, nomeada pola Presidencia do dito órgano que, pola súa vez, nomeará a persoa que exerza a súa suplencia.

Artigo 3. Membros do consello

Mantéñense o resto dos vogais designados por proposta da Administración e das organizacións sindicais e empresariais, así como os membros por razón do cargo, nomeados pola Orde do 9 de novembro de 2009 e pola Orde do 7 de xullo de 2011.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño 2015

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar