Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22512

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2015

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacions Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión celebrada o día 16 de abril de 2105, adoptou o seguinte

acordo:

Primeiro. De conformidade coas negociacións previas celebradas polo grupo de traballo constituído por Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, do día 16 de decembro de 2014, para o estudo e proposta de solución das discrepancias competenciais manifestadas en relación co artigo 5.2, alíneas h), i), j); 6 e 30.d); a disposición adicional segunda e a transitoria terceira da Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, ambas as partes as consideran solucionadas, nos seguintes termos:

Ambas as partes entenden que os documentos de titularidade pública e os arquivos de titularidade estatal a que se refiren os preceptos controvertidos, someteranse á lexislación estatal que lles sexa de aplicación, de conformidade coas competencias do Estado previstas nas regras 5, 8 e 28 do artigo 149.1 da Constitución e, se e o caso, a lexislación internacional.

Segundo. Que o ministro de Facenda e Administracións Públicas comunique este acordo ao presidente do Tribunal Constitucional, para o seu coñecemento e efectos.

Terceiro. Publicar este acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 16 de abril de 2015

Cristóbal Montoro Romero

Ministro de Facenda e

Administracións Públicas

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas

e Xustiza