Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2015/081-1).

Expediente: IN407A 2015/081-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Curro de Arriba.

Concello: Narón.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea a CT Curro de Arriba, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,048 km, coa orixe no apoio nº 51 proxectado que substitúe o existente da LMT SMR-711 (expediente 52.292), tramo entre a derivada ao CT Barcia (expediente 27.976) e a derivada ao CT particular Telefónica Narón, condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no CT Curro de Arriba (proxectado).

Centro de transformación intemperie Curro de Arriba, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/440-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 18 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2015/081-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Curro de Arriba.

Concello: Narón.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Núm. predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

Núm.

m2

Servidume ml aéreos

Servidume

m2 aéreos

Servidume de acceso ao CT (m2)

1

Areosa

Monte alto

Hros. José Freire López

½ 51 (XS) +

½ 51/1 (CT) + ½ apoio BT

10,0

(4,5 + 4,5 + 1,0)

67,0

(48,0 LMT + 19,0 BT)

413,0

(384,0 LMT + 29,0 BT)

2

Vespasante

Monte alto

Marcelina Blanco Fernández e outros

½ 51 (XS)

4,5

38,0

304,0

3

Vespasante

Monte alto

Juan Antonio Alonso Iglesias e outro

½ 51/1 (CT) + ½ apoio BT

5,5

(4,5 + 1,0)

19,0

(10,0 LMT + 9,0 BT)

89,0

(80,0 LMT + 9,0 BT)

68,0