Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2015/77-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: rúa A Coruña, 20, baixo, 36700 Tui.

Denominación: LMTS, CT, RBT A Telleira.

Situación: Tui.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1-OL de 150 metros de lonxitude, con orixe e final en pasos aereosubterráneos que se realizarán nun apoio existente da LMTA Caldelas de Tui-cuartel, unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no lugar da Telleira, Caldelas de Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de maio de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra