A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de policía local de Galicia pode ser distinguido ou recompensado de acordo co que se determine regulamentariamente.
Deste xeito o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, de desenvolvemento de devandita lei, determina no seu artigo 89 as modalidades de distincións; na alínea c) figura o distintivo de permanencia, a que se refire tamén o número 3 do artigo 90, cando expresa que este distintivo se entregará aos policías locais, calquera que sexa a súa categoría, cando se cumpran os requisitos de permanencia e de traxectoria profesional exixidos para a súa concesión.
O mesmo Decreto 243/2008, no seu artigo 93.1, establece que o distintivo de permanencia se entregará anualmente, mediante resolución da persoa titular da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, aos policías locais cando cumpran 25 anos de servizos efectivos no corpo, calquera que sexa a súa categoría, sempre que non consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal ou pendentes de cancelar, cuestións que deberán ser acreditadas polos concellos que corresponda.
De acordo co previsto no artigo 93.1 antes citado, do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo a listaxe de persoas ás cales se lles entregará o distintivo de permanencia, por ter cumpridos, en 31 de decembro de 2014, 25 anos de servizo nos corpos de policía local, segundo as certificacións dos respectivos concellos de pertenza, tanto respecto do tempo de servizos como do resto de requisitos.
Segundo. Comunicar esta listaxe do anexo aos respectivos concellos e publicala tamén para os efectos da súa consulta na páxina web da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Terceiro. As persoas que non figurasen na listaxe do anexo e cumpran cos requisitos para esta distinción deberán solicitar a súa inclusión a través dos respectivos concellos, que remitirán as preceptivas certificacións de cumprimento dos requisitos a esta unidade directiva para a resolución correspondente.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015
Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia,
ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia
(Listaxe alfabética, clasificada por provincias e concellos)
Provincia: A Coruña
– Concello: A Coruña
Luis Ernesto Brañas Fernández
Manuel Cancela Vila
Antonio Manuel García Barbeito
Manuel Jove Maceiras
Isidro López Muinelo
José Alberto Martínez González
Jesús Mosteiro Otero
Manuel Sanda Sánchez
José Eugenio Seoane García
– Concello: Arteixo
Enrique Clemente Blanco
José Ramón Fuentes Fernández
– Concello: Cambre
José Antonio Barcala Rey
– Concello: Carballo
José Manuel González Vázquez
– Concello: Culleredo
Jesús M. González Vázquez
– Concello: Ferrol
Arturo Bello Pereiro
Ángel Bouza Cereijo
José Antonio Chao Cabana
Francisco Javier Fernández Muíño
Ramón Martínez Castro
María Eugenia Pérez Heres
Rogelio Ramos Parga
– Concello: Mugardos
Ovidio Ricardo Torrente López
– Concello: Oleiros
Francisco José Castelo Muñiz
Ricardo Parada Taibo
Miguel Ángel Viqueira Pérez
– Concello: Ribeira
José Andrés Alonso Paz
Prudencio Bragado Fernández
– Concello: Valdoviño
José Ramón Bacorelle Robles
Fernando García Rochela
Provincia: Lugo
– Concello: Lugo
Antonio Balea Rodríguez
José Manuel Corredoira Pérez
Ramón Labrada Pérez
José Ángel Núñez Cansino
José Manuel Río Espiño
– Concello: Ribadeo
Andrés Redondo Espejo
– Concello: Vilalba
José María Alonso Fernández
– Concello: Viveiro
Javier Casabella Pérez
Provincia: Ourense
– Concello: Ourense
Francisco Javier Fernández Alonso
Lorenzo Ferreiro Núñez
Nemesio Gómez Mangana
– Concello: Viana do Bolo
Pedro Manuel Sánchez González
– Concello: Xinzo de Limia
Juan José Rodríguez Ojea
Provincia: Pontevedra
– Concello: A Estrada
Rafael Manuel Cardona Constenla
Aurelio Fernández Bascuas
– Concello: A Guarda
Pablo Álvarez Álvarez
– Concello: As Neves
Fernando Fernández Ramón
– Concello: Cangas
José Alberto Agulla Bara
Manuel Argibay Palacios
Enrique Lago Soto
José César Millán Martínez
– Concello: Marín
Fernando Conde Cal
José Antonio de la Fuente Freiría
José Fernández Otero
– Concello: Moaña
Javier Acevedo Santomé
Francisco Javier Blanco Portela
Fernando Boubeta Villaverde
Lois Alberto Casas Curro
Manuel Gómez Silva
Miguel Ángel Nogueira Pérez
José Manuel Pérez Santiago
– Concello: Mos
Marcelino Giráldez Sío
– Concello: O Grove
Andrés Iglesias Bouza
Ana Eva Peña Otero
– Concello: Pontevedra
Jesús Javier Cal Ucha
Jesús M. Omil Díaz
– Concello: Silleda
José Manuel García Blanco
– Concello: Tomiño
Alfonso García Álvarez
Joaquín Méndez Rodríguez
Rafael Pousa Martínez
– Concello: Vigo
Constante Alonso Caride
Diego Álvarez Campos
María José Álvarez Domínguez
José Carlos Aragunde Hermida
José Manuel Chamorro González
Enrique García Silva
Katia María González García
Javier Pitillas Torra
Nilo Prieto González
Adolfo Rodríguez González
Gerardo Sánchez Pérez
Diego Sánchez Souto
Jaime Villar Salgueiro