Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015, da Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza número 99/2015, do 19 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 19 de febreiro de 2015, pronunciou a sentenza número 99/2015, ditada no procedemento ordinario nº 4167/2013, interposto por Juan Fernández Salgado, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador Julio Javier López Valcárcel, en nome e representación de Juan Fernández Salgado, en relación coa Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 7 de decembro de 2012 sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Verín; e declaramos que a clasificación como solo urbano non consolidado e inclusión no APR-19 Fontenova 2 da totalidade do terreo do demandante non é conforme dereito, e anulámola, e declaramos que o plan xeral debe clasificar como solo urbano consolidado unha banda dun fondo medio de 30 m; con imposición das custas á demandada pola metade ata un máximo de 1.500 euros».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo