Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21629

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre taller e estacionamento de vehículos industriais e maquinaria, almacén de materiais de obra, laboratorio e oficinas en San Martiño de Guillar.

José Pardo Lombao, alcalde presidente do Concello de Outeiro de Rei, no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, expoño:

José Ramón Fernández de Mesa Díaz del Rio, en representación de Ovisa Pavimentos y Obras, S.L., solicitou desta alcaldía informe ambiental de actividade para taller e estacionamento de vehículos industriais e maquinaria, almacén de materiais de obra, laboratorio e oficinas, todo iso para uso propio, para situar na parcela 130 do polígono 70 situada en San Martiño de Guillar. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este prazo, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poida examinar o expediente, na Secretaría deste concello, a persoa que dalgún modo se considere afectada pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que considere oportunas.

Outeiro de Rei, 7 de maio de 2015

José Pardo Lombao José María Vázquez Pita
Alcalde Secretario