Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación dos servizos de apoio aos usuarios de sistemas de información da Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos Galicia 2007-2013 e Galicia 2014-2020 (expediente AB-SER1-15-022).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Fax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es .

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 18 de xuño de 2015.

d) Número de expediente: AB-SER1-15-022.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de apoio aos usuarios de sistemas de información da Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, 2.

d) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72590000-7.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Proposta de prestación de servizo e metodoloxía de traballo que se deberá utilizar

0 - 50

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0 - 40

Valores e horario de prestación de servizo

0 - 10

4. Valor estimado do contrato: 3.020.976 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.258.740 euros. Importe total: 1.523.075,40 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría):

Lote

Grupo

Subgrupo

Categoría

1

V

2 ou 5

D

2

V

2 ou 5

D

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase cláusula 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 18 de xuño de 2015.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de maio de 2015.

12. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos